
Presentación
Programa
Introdución
Competencias
Obxectivos
Contidos
Metodoloxía Avaliación
Bibliografía
Horario de
Docencia
Titorías
Enlaces
|
|
Introdución
A
materia Psicoloxía da educación e do desenvolvemento na idade escolar
proporciona ao futuro docente un coñecemento detallado sobre: a) o
desenvolvemento psicolóxico do escolar, o que lle permitirá coñecer o suxeito
que ha de educar e obter claves que lle permitan facelo dunha forma axeitada e
eficaz; e b) o proceso de aprendizaxe dos seus alumnos/as e a forma de
melloralo mediante uns procedementos de instrucción axeitados.
Na
actualidade espérase que o mestre/a desempeñe un papel de guía, titor/a,
mediador/a dos procesos de aprendizaxe; que sexa un investigador activo na aula
e moi crítico e reflexivo co seu labor. Esta materia é unha ferramenta esencial
que o capacitará para o desempeño destas funcións. O coñecemento das
características diferenciais do desenvolvemento e a aprendizaxe permitiranlle:
a elaboración de deseños instrucionais que contribúan ao desenvolvemento dos
seus alumnos/as a través dunha axeitada planificación e organización dos
procesos de aprendizaxe; unha educación individualizada segundo as necesidades
de cada alumno/a, e unha formación integral que evite o elevado número de fracasos
escolares e persoais que se producen na actualidade.
En
definitiva, esta materia contribúe a fundamentar a formación psicolóxica do
profesorado proporcionándolle as ferramentas disciplinares necesarias para
enfrontarse ás situacións educativas, comprende r os cambios e o desenvolvemento
psicolóxico dos seus futuros alumnos/as e intervir nos procesos de aprendizaxe.
Competencias académicas e profesionais
Competencias Instrumentais (Saber e saber facer)
- Coñecer o obxecto e as finalidades da educación.
- Comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular.
- Comprender
o desenvolvemento psicolóxico do escolar e analizar que factores
interveñen na construcción do psiquismo.
- Coñecer
os principais enfoques e teorías evolutivas sobre os cambios
educativos e evolutivos. Valorar criticamente as súas achegas e
repercusión na toma de decisións para a
intervención educativa.
- Coñecer
os procesos evolutivos do escolar considerando estas
características para elaborar criterios de planificación
e intervención docente.
- Coñecer
os problemas máis frecuentes que poden darse nos procesos de
ensino-aprendizaxe; analizar estas problemáticas e formular
criterios para a súa intervención e prevención.
- Utilizar
o coñecemento adquirido nesta materia para promover o
desenvolvemento e aprendizaxe autónoma dos alumnos/as á
luz dos obxectivos e contidos propios do correspondente nivel
educativo, desenvolvendo estratexias que eviten a exclusión e a
discriminación.
- Ser
capaz de realizar unha avaliación rigorosa dos niveis de
competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu
desenvolvemento que poidan estar na orixe das súas necesidades
especiais.
- Ser capaz de avaliar a competencia curricular nas distintas áreas do currículo establecido.
- Ser capaz de tomar decisións na planificación dos procesos educativos.
- Asumir
un papel de orientador/a, facilitar e guía da aprendizaxe
buscando a motivación e o interese do alumnado pola aprendizaxe.
- Saber desenvolver o deseño elaborado e valorar a intervención realizada.
- Aprender a manexar as fontes documentais e recursos relativos á materia.
Competencias Sistémicas (saber aplicar)
- Ser capaz de aprender de forma autónoma.
- Deseñar e realizar traballos escritos de forma orixinal e autónoma.
- Presentar oralmente as principais conclusións.
- Ser
capaz de aplicar os coñecementos adquiridos á
práctica da aula a través dunha correcta selección
e aplicación de recursos e estratexias metodolóxicas.
- Adoptar metodoloxías activas, participativas e creativas.
- Ser capaz de adaptarse ás novas situacións e cambios educativos.
- Conseguir que o labor como mestre/a sexa creativo, innovador e guiado por un espírito emprendedor.
- Estar motivado para buscar sempre unha maior calidade do proceso de ensino-aprendizaxe.
Obxectivos
Obxectivos Xeráis
- Coñecer as principais teorías e modelos do desenvolvemento e da aprendizaxe escolar.
- Adquirir
unha representación dos procesos educativos e das finalidades
que perseguen, así como os diversos compoñentes
psicolóxicos que interveñen na complexidade do feito
educativo e dos procesos de ensino-aprendizaxe, de maneira que poidan
comprender e resolver os problemas que se presentan dentro do
ámbito educativo.
- Coñecer
os instrumentos, recursos esenciais e metodoloxía de traballo
para a análise da práctica educativa e a toma de
decisións no proceso de planificación dos procesos
educativos.
- Favorecer
a utilización de recursos e instrumentos proporcionados polas
disciplindeas psicolóxicas para a súa aplicación
educativa na aula.
- Fomentar hábitos de traballo que permitan o desenvolvemento dun sistema persoal de traballo autónomo.
- Desenvolver
unha actitude de cooperación, respecto, tolerancia e compromiso
tanto no seu traballo como alumno/a coma na súa conducta
profesional posterior.
- Desenvolver unha actitude favorable cara á formación permanente.
Contidos
A materia secuénciase nos seguintes bloques de
contido:
1. Desenvolvemento psicolóxico e educación:
un punto de encontro.
2. A aprendizaxe escolar: conceptualización e
teorías.
3. Factores intrapersoais do proceso de
ensino-aprendizaxe.
4. Factores relacionais que facilitan ou
obstaculizan o proceso de
ensino-aprendizaxe.
5. Teorías e modelos explicativos do
desenvolvemento humano.
6. O desenvolvemento psicolóxico do neno/a
na educación infantil.
7. O desenvolvemento psicolóxico do neno/a
na educación obrigatoria.
BLOQUE 1
|
Desenvolvemento
psicolóxico e educación: un punto de encontro |
Tema 1 |
Achegas da psicoloxía á educación
Contribucións
da Psicoloxía da educación e do desenvolvemento ao campo educativo. O concepto
de educación. Diferentes maneiras de entender as relacións entre educación e
desenvolvemento psicolóxico: incidencias no labor educativo. Métodos de
investigación en Psicoloxía da educación e do desenvolvemento
|
Tema 2 |
Conceptualización e natureza dos procesos de aprendizaxe humana
Concepto
e tipos de aprendizaxe. Principais dificultades na aprendizaxe escolar
|
BLOQUE 2
|
A aprendizaxe escolar:
conceptualización e teorías
|
Tema 3
|
As teorías da
aprendizaxe
Contribucións
do conductismo á explicación dos procesos de aprendizaxe. Implicacións
educativas da modificación de conducta. Aprendizaxe por observación: a teoría
social cognitiva. Efecto do modelado na educación |
Tema 4
|
Teorías da
aprendizaxe escolar
A
concepción xenética cognitiva de Piaget. Aprendizaxe e ensino para o
desenvolvemento: a concepción sociocultural de Vygotsky. A achega de Bruner:
aprendizaxe por descubrimento. A aprendizaxe verbal significativa de Ausubel. A
concepción constructivista da aprendizaxe escolar. |
BLOQUE 3
|
Factores
intrapersoais do proceso de ensino-aprendizaxe
|
Tema 5
|
Factores relacionais que facilitan ou obstaculizan o proceso de ensino-aprendizaxe I
A interacción educativa no proceso de ensino-aprendizaxe: profesorado-alumnado, alumnado-alumnado.
|
Tema 6
|
Factores intrapersoais do proceso de ensino-aprendizaxe II
Diferenzas individuais no ámbito afectivo-motivacional. Diferenzas individuais no ámbito da personalidade.
|
BLOQUE 4
|
Factores relacionais que facilitan ou obstaculizan o proceso de ensino-aprendizaxe
|
Tema 7
|
Factores relacionais que facilitan ou obstaculizan o proceso de ensino-aprendizaxe
A interacción educativa no proceso de ensino-aprendizaxe: profesorado- alumnado, alumnado-alumnado.
|
Tema 8
|
Factores relacionais que facilitan ou obstaculizan o proceso de ensino-aprendizaxe II
O contexto familiar e as súas repercusións escolares. Os estilos educativos familiares
|
BLOQUE 5
|
Factores
intrapersoais do proceso de ensino-aprendizaxe
|
Tema 9
|
Modelos teóricos explicativos do desenvolvemento
Principais achegas teóricas. As grandes controversias
conceptuais do desenvolvemento: o papel da herdanza e do medio; o
problema dos estadios; os períodos críticos
|
Tema 10
|
Factores intrapersoais do proceso de ensino-aprendizaxe II
Diferenzas individuais no ámbito afectivo-motivacional. Diferenzas individuais no ámbito da personalidade.
|
BLOQUE 6
|
Factores
intrapersoais do proceso de ensino-aprendizaxe
|
Tema 11
|
Factores relacionais que facilitan ou obstaculizan o proceso de ensino-aprendizaxe I
A interacción educativa no proceso de ensino-aprendizaxe: profesorado-alumnado, alumnado-alumnado.
|
Tema 12
|
O desenvolvemento humano
Características e determinantes fundamentais. Etapas do desenvolvemento.
|
Tema 13 |
O desenvolvemento psicolóxico
entre os 2 e os 6 anos I
O desenvolvemento físico e psicomotor despois dos dous anos. O
control postural. Establecemento da preferencia lateral. O esquema
corporal e os seus compoñentes.
|
Tema 14 |
O desenvolvemento psicolóxico
entre os 2 e os 6 anos II
Desenvolvemento intelectual e procesos cognitivos básicos: a
intelixencia preoperatoria. Desenvolvemento da linguaxe:
desenvolvemento fonolóxico, semántico, morfolóxico
e sintáctico, pragmático.
|
Tema 15 |
O desenvolvemento psicolóxico
entre os 2 e os 6 anos III
O desenvolvemento da personalidade, o coñecemento de si mesmo. O
desenvolvemento emocional. O coñecemento social. As
relacións cos demais.
|
BLOQUE 7
|
O desenvolvemento psicolóxico do neno/a na educación obrigatoria
|
Tema 16
|
O desenvolvemento psicolóxico
entre os 6 e os 12 anos I
O desenvolvemento
físico. O desenvolvemento intelectual e procesos cognitivos
básicos entre os 6 anos e a adolescencia: o pensamento
operacional concreto. Desenvolvemento da atención, a memoria e o
coñecemento.
|
Tema 17
|
O desenvolvemento psicolóxico
entre os 6 e os 12 anos II
O
desenvolvemento da personalidade, o coñecemento de si mesmo. O
desenvolvemento emocional. O desenvolvemento do xénero entre os
6 anos e a adolescencia
|
Tema 18 |
O desenvolvemento psicolóxico
entre os 6 e os 12 anos III
O coñecemento social. Desenvolvemento e conduta social. As relacións co grupo de iguais. O desenvolvemento moral
|
Tema 19 |
O desenvolvemento psicolóxico durante a adolescencia
Os cambios físicos da puberdade. Do pensamento formal ao cambio
conceptual na adolescencia: a concepción piagetiana das
operacións formais; o razoamento na adolescencia. O
desenvolvemento da personalidade. Desenvolvemento moral. O
desenvolvemento social no adolescente
|
Metodoloxía e estratexias de aprendizaxe
Metodoloxía docente
Utilizarase unha metodoloxía activa–participativa que permita e
desenvolva unha serie e competencias nos estudantes: a iniciativa, a
participación, a reflexión, a análise, a
reelaboración e a integración de novos
coñecementos. Estes obxectivos pretenden lograrse mediante unha
combinación dos seguintes principios metodolóxicos:
- Combinación do estudo teórico e da aproximación práctica á materia de obxecto de estudo
- Cooperación
entre alumnado–profesorado e alumnos entre si mediante diversas formas
de traballo en equipo e unha dinámica participativa na clase
- Facilitación
ao alumnado da propia maduración persoal e utilización a
fondo dos seus propios coñecementos e recursos
- Utilización
de mecanismos de avaliación que permitan medir os progresos
acadados e mellorar o proceso de ensino–aprendizaje
As técnicas que se utilizarán serán as seguintes:
- Sesións académicas teóricas
- Exposición e debate
- Titorías especializadas
- Sesións académicas prácticas
- Proxeccións
- Controis de lecturas obligatorias
- Estudo de casos e supostos prácticos
- Dinámicas de grupo
- Deliberacións fundamentadas de textos e documentos
- Guías de traballos e lecturas
- Revisión de documentos e materiais educativos
A dinámica de traballo empregada estará baseada en
Proxectos de Traballo e Estudo de caso a partir das cales os estudantes
realizarán unha serie de actividades de aprendizaxe.
Actividades
As actividades de aprendizaxe serán realizadas tanto de forma
individual como de forma grupal. De igual maneira, algunhas
serán obrigatorias e outras optativas. Especificarase nas
guías de aprendizaxe de cada Proxecto de Traballo cales
pertencen a cada tipo. O tempo de realización e entrega das
actividades correspondentes a cada unha das unidades será
indicado durante o período lectivo.
Para as actividades grupais é necesario pertencer a un grupo de
traballo. A súa conformación é libre e
organizaranse durante a primeira semana do curso académico.
Estos grupos de traballo estarán formados por catro estudantes.
As actividades teñen como obxectivo coñecer os procesos
de desenvolvemento psicológico da primeira infancia, e
comprender a complexidade dos procesos educativos e as súas
interrelacións, de modo que podan facilitarse os aprendizaxes
dende unha perspectiva integral
Todas estas actividades organizaranse nun dossier ou cartafol de
traballo que os grupos deben entregar como resultado do seu traballo.
Será obrigatoria a lectura de dúas monografías
sobre las que se desenvolverán seminarios de lectura:
- Delval J. (2000). Aprender en la vida y en la escuela. Madrid: Morata
- Donaldson, M. (1997). La mente de los niños. Madrid: Morata
Estratexias de aprendizaxe. Orientacións ao alumnado.
- Busca de material bibliográfico complementario.
- Buscas en internet e bases de datos.
- Manexo dos fondos da biblioteca.
- Tarefas
de aula, individuais e grupais, que se especificarán no momento
axeitado. Estas tarefas poden ser do seguinte tipo:
- Análise de documentos
- Elaboración individual de síntese, esquemas
ou fichas-resumo dos temas
- Reflexións sobre aspectos relacionados co
temario
- Proxección e comentario de materiais
audiovisuais
- Resolución de supostos prácticos
- Debates
- Elaboración de traballos —individuais ou en grupo— fóra da aula.
- Orientacións ao alumnado:
- Revisión durante o proceso das produccións
ata a súa versión definitiva: titorías persoais
e en equipo.
- Contactos periódicos a través do correo
electrónico e materiais informáticos: titorías
virtuais.
- Guías de traballo, documentos específicos e
orientacións precisas para facilitar o
tratamento dos contidos
- Sesións concretas da clase para revisar e
reorientar a dinámica de traballo.
- Fichas de seguimento e reseñas de
auto-avaliación.
- Informes de avaliación cualitativos e dialogados: titorías en equipo.
- Uso da páxina Web da materia
Avaliación
Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades para levar a cabo a materia de Psicoloxía da
Educación e do Desenvolvemento na idade escolar que determinan
dous modos diferentes de avaliación:
- Modalidade A: Avaliación Continua
- Modalidade B: Avaliación Final
Modalidade A: Avaliación continua
Antes de iniciar o proceso de ensino/aprendizaxe levarase a cabo unha
avaliación do nivel de coñecementos dos estudiantes sobre
a materia. Esta avaliación serviranos como referencia para
coñecer a motivación e punto de partida para iniciar o
proceso de aprendizaxe.
Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación de tipo
procesual consistente na realización dunha serie de actividades
co seguimento periódico das mesmas. Xa que logo será
obrigatoria a asistencia ás clases e titorías, así
como a participación activa e continuada por parte dos
estudantes nas mesmas. Utilizaranse as seguintes técnicas:
- Confección de cartafois de traballo
- Produtos elaborados en grupo
- Sínteses individuais
- Presentación oral de temas e actividades
- Elaboración de informes
- Entrevistas colectivas
- Probas e exames
A avaliación levarase a cabo a partir das achegas dos estudantes
que serán presentadas nun dossier ou cartafol de traballo que
incluirá tanto actividades de grupo como individuais. Para
superar satisfactoriamente cada Proxecto de Traballo será
necesario realizar un total de 3 actividades de grupo e unha
individual. Valoraranse a incorporación dos contidos das
unidades concretas e a correcta aplicación das tarefas propostas
de acordo a unha serie de criterios incluídos no patrón
de avaliación (‘rúbrica') incluída en cada
Proxecto de Traballo.
Criterios:
- Participación en sesións presenciais de traballo (seminarios, debates e discusións)
- Asistencia e participación en titorías colectivas e/ou individuais
- Elaboración e presentación de traballos e informes
- Manexo significativo dos coñecementos relevantes
- Fundamentación e rigor na análise
- Exposicións argumentadas, ben articuladas e integradas
- Análise crítico e razoado
- Manexo da bibliografía
- Coidado dos aspectos formais (estrutura, ortografía, formato, bibliografía)
Para obter a nota final é necesario haber realizado todas as
actividades propostas satisfactoriamente. Ao dossier progresivo no que
o estudiante ten que demostrar dominio suficiente dos contidos,
establecer relacións significativas entre eles e expresalos de
maneira sistematizada, coherente e creativa correspóndelle un
40% da nota,; as actividades de desenvolvemento da clase representan o
30% e a presentación, análise e valoración das
actividades prácticas o 30%. Como mecanismos de seguimento
serán utilizados:
- Revisión do proceso de elaboración dos cartafois de traballo
- Titorías presenciais e virtuais
- Guías de traballo e orientacións para facilitar a realización das produccións
- Controis e revisións da dinámica de traballo en sesións de aula
- Cuestionarios de auto-avaliación individual e de grupo
- Entrevista de validación
Cada Proxecto de Traballo inclúe unha “rúbrica ou cadro
de persoal de avaliación” a cal, unha vez debatida en clase,
serve para concretar os niveis de logro de cada apartado e
coñecemento específicos dese bloque temático.
Modalidade B: Avaliación Final
Para aqueles estudiantes que por motivos xustificados non poidan
asistir a clase, a nota final virá determinada por unha proba
final (temario e lecturas obrigatorias) e a presentación dun
traballo que deberá ser revisado en titoría
A avaliación consistirá nunha proba escrita que se realizará na data fixada pola Facultade para o exame da materia. Constará de dúas partes:
- 1 exame
sobre os contidos da bibliografía obrigatoria. Constará
dun total de 6 preguntas das que se terán que elixir 5. A
puntuación supón o 60% da nota final.
- 1 pregunta (a elixir entre as dúas propostas) sobre a monografía obrigatoria. Supón un 10% da nota.
Esta proba escrita valorarase ata 7 puntos.
Ademáis será necesaria a presentación de:
- 1 traballo teórico-práctico
realizado por cada estudante coa orientación da profesora (son
obrigadas dúas revisións en titoría previas a
súa entrega). Este traballo supón o 30% da nota final.
Este traballo valorarase ata 3 puntos.
Será preciso para unha avaliación positiva que os
estudantes puntúen en todos os criterios —como mínimo— un
50% da puntuación especificada.
As cualificacións poderán consultarse no taboleiro de anuncios do despacho da profesora que imparte a materia.
Avaliación do proceso docente
Valoración dos alumnos/as
O
alumnado valorará o proceso de ensino-aprendizaxe ao finalizar
cada bloque de contido respondendo a unhas cuestións elaboradas
polos profesores/as. Ao finalizar o cuadrimestre avaliará a
actividade docente a través do cuestionario utilizado pola
Universidade de Vigo.
Valoración do profesorado
Teranse en conta as propostas feitas polo alumnado durante o curso. A
autoavaliación do labor diario será cumprida cos
resultados do cuestionario proposto aos alumnos/as ao finalizar cada
bloque de contido e pola enquisa de avaliación docente realizada
pola Universidade. Estes datos axudarannos a reflexionar sobre a
práctica docente, modificar aspectos deficitarios e
deseñar propostas de mellora para o próximo curso.
|